n decembro de 2016 cinco músicos, compañeiros de traballo, decidiron emprender esta aventura musical que provocou tantos sorrisos en persoas que, por diferentes motivos, non estaban a pasar polo seu mellor momento. O que comezou como algo esporádico converteuse nunha cita ineludible, á que, unha vez ao mes, asistimos diferentes formacións musicais.
Grazas a todos eses artistas, músicos, profesionais da narración oral, cantantes, etc…. que permitiron, e permiten unha variedade asombrosa de actuacións. Agrupacións con arpa, clarinete, frauta, trompa, trompeta, tuba, cordas, ukelele, guitarra, son algúns dos grupos que asistiron. Doutra banda, música de cinema, as estacións de Vivaldi, conto de nadal ou nosa querida arpista Bleuenn convertéronse en habituais que, ano tras ano, non queren perder a oportunidade de tocar no hospital.
Temos que facer unha mención especial ao maratón de Nadal. O día 24 de decembro de 2018 tivemos a sorte de poder acompañar a persoas de centros sociais, do comedor da cociña económica de Santiago e de residencias de maiores.
TESTEMUÑAS
TESTEMUÑAS