ConcertArt é unha aventura musical iniciada por oito artistas (sete músicos e unha actriz) co fin de reunir todos os seus proxectos baixo un mesmo teito: de educación, de música de cámara e de voluntariado.

Se buscas espectáculos didácticos, tanto para formacións pequenas como para orquestra sinfónica, pica en EDUCONCERTS.
Se pola contra es un afeccionado da música de cámara DUOGAMMA, CUARTETO NOVECENTO ou ENSEMBLE CONCERTART son a resposta ao que buscas. Cada un deles ofréceche a mellor solución para calquera concerto, recital ou evento cultural.

E por suposto, antes de marchar, non te esquezas de visitar SANARTE, o noso proxecto social, onde os oitos integrantes do equipo ConcertArt participan regularmente en compañía doutros artistas invitados.

NON TEMOS CONCERTOS PROGRAMADOS

Nestes intres non temos concertos programados

Unha das nosas facetas máis importantes é a didáctica Educoncerts móstravos os diferentes espectáculos que propoñemos para colexios, auditorios, teatros e salas de concertos.

O Cuarteto Novecento ofrece algo máis que un repertorio cotián. Céntrase na música escrita a finais do Impresionismo para abranguer todo o século XX. Música descoñecida ou pouco coñecida pero sempre divertida, sempre sensible e sempre orixinal. O Cuarteto Novecento quere, con esta iniciativa, presentar unha proposta distinta e diferenciada que complete o panorama musical camerístico desde Santiago de Compostela.

O Dúo Gamma nace en 2013 coa intención de explorar o rico repertorio para a formación de violoncelo e piano. Formado pola pianista Elisa Martín e o violoncelista Millán Abeledo, establécese como dúo paralelamente as súas traxectorias musicais independentes asentadas en Santiago de Compostela.

Apostamos polo voluntariado para fomentar a participación de artistas en accións orientadas á sensibilización e transmisión de valores, así como noutras actividades que teñen como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas ás que se dirixen os nosos proxectos. SanArte créase en decembro do 2016 para tocar unha vez ao mes na aula de pediatría do hospital de Santiago de Compostela e, así, mellorar as estancias hospitalarias de pacientes, familiares e persoal sanitario.

Coñece ó equipo

Fai click nos seus nomes para saber mais

Iriana Fernández

Viola

Irina Gruia

Violín e presentadora

Simon Lewis

Trompa

Soledad Felloza

Narradora

Ildikó Oltai

Violín

Ioana Ciobotaru
Viola
Thomas Piel
Violonchelo
Millan Acebedo
Violonchelo
Elisa Martin
Piano
Daniel Pereira
Piano
TESTEMUÑAS
Somos conscientes do grandísimo beneficio que a música pode ter nunha situación de ingreso hospitalario na que un neno non soamente lida contra a enfermidade senón tamén contra as consecuencias que a nivel psicolóxico afectan o paciente pediátrico: o desánimo, o sentirse apartado da súa contorna, a súa familia, os seus amigos, … é por iso que desde a Obra Social Pediatría estimamos imprescindible coidar dos nosos nenos desde un ámbito interdisciplinar, non só desde un punto de vista evidente, o clínico, senón desde o que coida do seu benestar integral e, neste, SANARTE xoga un papel fundamental que nos é de gran axuda e co que contamos desde hai tempo. Moitas grazas SANARTE pola vosa fiel e comprometida colaboración.
Obra Social Pediatría,
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
TESTEMUÑAS
Cos vosos pequenos concertos, innovadores, adaptados ás idades e con repertorios atraentes motivastes e achegastes ao noso alumnado aos clásicos musicais. Desexando escoitarvos de novo. Grazas. Grazas.
LAURA IGLESIAS
Profesora de primaria, CEIP López Ferreiro

¡Vémonos no concerto!