dúo gamma

“Explorar o rico repertorio para a formación de cello e piano “

Formado pola pianista Elisa Martín e o violonchelista Millán Abeledo, O dúo Gamma nace no 2013.

O dúo Gamma nace en 2013 coa intención de explorar o rico repertorio para a formación de cello e piano Formado pola pianista Elisa Martín e o violonchelista Millán Abeledo, establécense como dúo estable paralelamente ás súas traxectorias musicais independentes asentadas en Santiago de Compostela.

Ao longo do seu camiño realizaron diferentes recitais en salas de Madrid como o Espacio Ronda, Toccatta en A, Casa de Granada, Fundación Olivar de Castillejo, e tamén en Priuré Lle Mesnil – Saint Martin (Francia), Casa Fralaes (Portugal), Citei Universitaire Paris (Francia) ou Fundación Vital(Vitoria).

Recibiron os consellos de grandes mestres como S. Stefanovich, L. do Valle, A. Gerhard, K. Moretti, R. Wagner, N. Kereselidze, C. Sierra, X. Gagnepain, T. Svane ou D. Gelenbe.

A principios de 2017 publicaron o seu primeiro traballo discográfico, “Faces”, co selo KNS Classical.

14 Romances, Op. 34: XIV.

Vocalise

Requiebros

Le Grand Tango

Cello Sonata in D Minor, Op. 40: I. Allegro non troppo

Cello Sonata in D Minor, Op. 40: II. Allegro

Cello Sonata in D Minor, Op. 40: III. Largo

Cello Sonata in D Minor, Op. 40: IV. Allegro

Elisa Martín

pianista

Amadrileña Elisa Martín cursou Grao Medio no Conservatorio Profesional de Música de Getafe co profesor Carlos Domínguez, recibindo ao finalizar o Premio de Fin de Grao. En xuño de 2013 finalizou Grao Superior na especialidade de piano no Conservatorio Superior de Música de Aragón, cos profesores Iván Cítera e Miguel Ángel Ortega Chavaldas, recibindo as máis altas cualificacións. Paralelamente recibiu regularmente clases da profesora Nino Kereselidze.
Recibiu clases maxistrais doutros mestres como J. Colom, I. Rohmann, D. Kuyken, A. Kemenes, F. Wibaut, M. Gulyás, R. Nattkemper, A. Kandelaki, B. Uriarte, A. Sanzo, C. Martínez-Mehner, E. Nebolsin, R. Wagner, etc. Foi premiada nos concursos Hazen Intercentros de Madrid e Jacinto Guerrero de Toledo e realizou recitais en diversas salas de España, como o Auditorio Caja de Música do Palacio Cibeles de Madrid, o Ateneo de Madrid, Espacio Ronda de Madrid, e unha serie de concertos para o ciclo “Las Noches de Jóvenes Pianistas” de Zaragoza. Na actualidade compaxina a súa a súa actividade artística coa pedagoxía. Ademais de pertencer a formacións como o Dúo Gamma ou o Trío Mosaicos, fórmase na pedagoxía Suzuki con Mary McCarthy, realiza estudos de posgrao no Centro Superior Katarina Gurska e é profesora de Método Suzuki no centro En Clave en Santiago de Compostela.

Millán Abeledo

Violonchelista

Millán Abeledo (Pontevedra), comeza os seus estudos de violoncelo con Tatiana Cucerenco e Vera Kolar. Continúa os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza) con Angel Luis Quintana e Bárbara Switalska, con Natalia Shakhovskaya na Escola Superior de Música Reina Sofía e Troels Svane na Musikhochschule Lübeck (Alemaña). Recibiu diferentes premios ao longo da súa carreira: I premio no Concurso Nacional de Violoncelo (Carcaixent), I premio Fundación Veo Veo, Accésit I premio Concurso Ruperto Chapí (Villena) e I premio Concurso Santa Cecilia 2014 (Portugal). Foi membro da JONDE e colaborou con diferentes orquestras como Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta de Cámara Reina Sofía ou Orquesta DaCamera. Foi bolseiro da Fundación BBVA e a Fundación Segundo Gil Dávila. Na actualidade, desenvolve a súa actividade en diferentes vertentes: a orquestral, formando parte do persoal da Real Filharmonía de Galicia desde 2014; como docente impartindo clases na Escola de música Berenguela; como músico de cámara con diferentes formacións como Bambú Ensemble, Trío Mosaicos, Cuarteto Novecento, Soncello Ensemble ou Dúo Gamma e traballando na divulgación da música formando parte da directiva da Aula de Cámara Airas Nunes e a Asociación Soncello.

REPERTORIO

  • CESAR FRANCK – SONATA EN LA MAYOR
  • SERGEI PROKOFIEV – SONATA EN DO MAYOR OP.119
  • DIMITRI SHOTAKOVICH – SONATA EN RE MENO, OP.40
  • FRANZ SCHUBERT – ARPEGGIONE SONATA
  • CLAUDE DEBUSSY – SONATA EN RE MENOR
  • ASTOR PIAZZOLA – LE GRAND TANGO
  • GASPAR CASSADÓ – REQUIEBROS
  • LUDWIG VAN BEETHOVEN – SIETE VARIACIONES LA FLAUTA MÁGICA WoO46: «BEI MÄNNERN WELCHE LIEBE FÜHLEN»
  • SERGEI RACHMANINOV – VOCALISE
  • ROBERT SCHUMANN – «ADAGIO UND ALLGRO», 5 PIEZAS EN ESTILO POPULAR OP.112
  • GABRIEL FAURÉ – ELEGÍA
  • MANUEL LÓPEZ JORGE- FULGOR CÓSMICO
  • ANDRES GAOS – CANTO ELEGÍACO, HUMORESCA
  • MAX BRUCH – KOL NIDREI
  • PIOTR ILLICH TCHAIKOVSKI – PEZZO CAPRICCIOSO