Abertas de par en par

Dúo ConcertArt, xogando a dúas voces

No espectáculo “Xogando a dúas voces», O Dúo ConcertArt formado por Ildikó Oltai e  Irina Gruia, interpretarán algunhas obras moi coñecidas, alternándose as voces solistas e algunha que outra sorpresa.

Dous violíns, dúas voces que se complementan unha á outra, ás veces amigas, ás veces irmás. Conversan, discuten, quérense, enfádanse, confésanse e apóianse, pero sempre contando as súas

historias e os seus recordos de distintos lugares e de diferentes épocas.

Ildikó Oltai e Irina Gruia son violinistas da Real Filharmonía de Galicia.

Ildikó Oltai. Nacida en Budapest, Hungria, realizou os seus estudos superiores na Academia de Música Franz Liszt da súa cidade natal. Graduouse en 1995 como Profesora de Teoría da Música e Directora de Coro, e no 1996 obtivo o título Superior de Concertista e Profesora de violín. Traballou na Orquestra de Cámara Ferenc Erkel de Budapest como axudante de concertino, no Cuarteto de Corda «László Lajtha», na Orquestra Sinfónica de Franz Liszt de Budapest como concertina e na Orquestra Sinfónica Ernö Dohnányi de Budapest como concertina e varias veces como solista. Desde 1996 é membro da Real Filharmonía de Galicia, e desde o ano 2001 é profesora de violín e música de cámara na Escola de Altos Estudos Musicais.

Irina Gruia. Nace en Brasov, Rumania. Os seus estudos do Conservatorio Superior continúan nos Estados Unidos. En 2002 se gradúa na especialidade de violín polo Conservatorio Hartt nos EEUU, onde estuda con Philip Setzer e Eugene Drucker, os dous violinistas do famoso Emerson String Quartet. Desde 2003, aproba a oposición para a «Real Filharmonía de Galicia», en Santiago de Compostela, onde desenvolve unha intensa vida musical. No transcurso do ano 2012, licenciouse no método «Kindermusik» e empeza unha relación con varias garderías e escolas de música para poñer unhas bases musicais moi sólidas ás novas xeracións. Desde 2013, Irina está a presentar e traducir algúns dos concertos familiares da Real Filharmonía de Galicia, acompañando con moito éxito a directores como Paul Daniel ou Jonatha

n Webb.

Abertas de Par en Par, disfruta dos seráns de unha forma distinta

Galicia turismo rural proponche un saudable agasallo para ti e as persoas que ben queres: vivir seráns máxicos en casas rurais da nosa terra.

Date un agasallo, sorprende á túa parella, familia ou amizades cun inesquecible e agarimoso galano.

Como a Casa Entre Ríos, vintecinco casas rurais agardan por ti, abertas de par en par. Nelas será doado desfrutar, canda a gastronomía e o patrimonio natural e cultural da súa contorna, dos recitáis ao serán.

ConcertArt

A Casa Entre Ríos está en Entre os Ríos, concello de Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Fai a túa reserva no teléfono do cartel.