ConcertArt
ConcertArt é un equipo multidisciplinar, formado por músicos, artistas e docentes que abarcan diferentes proxectos musicais en distintos ámbitos do escenario.
Nacemos por un sentimento común en relación co poder que a música pode chegar a ter no ser humano. Cremos que a arte contribúe, de maneira indiscutible, ao benestar social, á mellora das nosas capacidades cognitivas e á xestión das nosas emocións. Por iso, os nosos programas propician diferentes espazos onde se atopan a arte e as persoas.
De acordo con esta vocación, desenvolvemos programas didácticos da man de EDUCONCERTS, ofrecemos concertos de música de cámara grazas a ENSEMBLE CONCERTART, DÚO GAMMA ou o CUARTETO NOVECENTO e organizamos sesións musicais destinadas a colectivos sociais con carácter voluntario da man de SANARTE.
EDUCONCERTS
A área educativa deste proxecto, Educoncerts, nace cunha clara vontade de achegar as artes e os procesos creativos a todo tipo de público, en especial, ás familias e aos escolares. Cremos que é indispensable coidar a relación entre as actividades artísticas e culturais e a forma en que se transmiten á sociedade para que a asistencia a concertos se converta nun hábito, máis que nun acto ocasional ou esporádico.
Estes concertos parten da mesma idea: a combinación de música e palabra, dúas linguaxes que, ao unirse, permiten transmitir á perfección os conceptos clave de cada proxecto. Por exemplo “O conto das catro Estaciones de Vivaldi”, “O conto de Nadal”, ou “A historia do crebanoces” preséntanse en forma de narrador e cuarteto de cordas, ou “O paseo polas sinfonías de Beethoven” e “Celebracións musicais en familia” dedicado exclusivamente a formacións de gran tamaño con presentador.
MÚSICA DE CÁMARA
ENSEMBLE CONCERTART
O Ensemble ConcertArt é un grupo flexible creado co propósito de difundir o repertorio camerístico de estilos que abarcan desde o Barroco ata o século XXI. Esta viaxe polas diferentes épocas musicais reúne pezas crave na música de cámara en formacións de corda, corda con piano, corda con vento ou vento con piano na que os membros de ConcertArt contan, en ocasións, con músicos convidados doutras formacións.
DÚO GAMMA
O dúo Gamma nace en 2013 coa intención de explorar o rico repertorio para a formación de cello e piano. Formado pola pianista Elisa Martín e o violonchelista Millán Abeledo, establécense como dúo estable paralelamente ás súas traxectorias musicais independentes asentadas en Santiago de Compostela.
CUARTETO NOVECENTO
Fórmase en 2016 e os seus membros fundadores son Ildikó Oltai, Irina Gruia, Ioana Ciobotaru e Millán Abeledo. Todos eles membros da orquestra Real Filharmonía de Galicia deciden unirse e formar un cuarteto de corda estable que interpreta obras pouco coñecidas de compositores desde 1900 ata os nosos días.
SANARTE
Apostamos polo voluntariado para fomentar a participación de artistas en accións orientadas á sensibilización e transmisión de valores, así como noutras actividades que teñen como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas ás que se dirixen os nosos proxectos.
SanArte créase en decembro do 2016 para tocar unha vez ao mes na aula de pediatría do hospital de Santiago de Compostela e, así, mellorar as estancias hospitalarias de pacientes, familiares e persoal sanitario.
Equipo ConcertArt
O noso equipo está formado por: