SanArte

En decembro de 2016 cinco músicos, compañeiros de traballo, decidiron emprender esta aventura musical que provocou tantos sorrisos en persoas que, por diferentes motivos, non estaban a pasar polo seu mellor momento. O que comezou como algo esporádico converteuse nunha cita ineludible, á que, unha vez ao mes, asistimos diferentes formacións musicais.

Grazas a todos eses artistas, músicos, profesionais da narración oral, cantantes, etc…. que permitiron, e permiten unha variedade asombrosa de actuacións. Agrupacións con arpa, clarinete, frauta, trompa, trompeta, tuba, cordas, ukelele, guitarra, son algúns dos grupos que asistiron. Doutra banda, música de cinema, as estacións de Vivaldi, conto de nadal ou nosa querida arpista Bleuenn convertéronse en habituais que, ano tras ano, non queren perder a oportunidade de tocar no hospital.

Temos que facer unha mención especial ao maratón de Nadal. O día 24 de decembro de 2018 tivemos a sorte de poder acompañar a persoas de centros sociais, do comedor da cociña económica de Santiago e de residencias de maiores.

Maratón de Navidad

SanArte
SanArte

Video

For privacy reasons YouTube needs your permission to be loaded. For more details, please see our Política de privacidad.
I Accept

Somos conscientes do grandísimo beneficio que a música pode ter nunha situación de ingreso hospitalario na que un neno non soamente lida contra a enfermidade senón tamén contra as consecuencias que a nivel psicolóxico afectan o paciente pediátrico: o desánimo, o sentirse apartado da súa contorna, a súa familia, os seus amigos, … é por iso que desde a Obra Social Pediatría estimamos imprescindible coidar dos nosos nenos desde un ámbito interdisciplinar, non só desde un punto de vista evidente, o clínico, senón desde o que coida do seu benestar integral e, neste, SANARTE xoga un papel fundamental que nos é de gran axuda e co que contamos desde hai tempo. Moitas grazas SANARTE pola vosa fiel e comprometida colaboración.

Obra Social Pediatría, Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
Desde a aula Hospitalaria do Servizo de Pediatría agradecemos a colaboración e o compromiso que constantemente mantén SANARTE cos nenos ingresados no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Consideramos todo un privilexio poder gozar do marabilloso agasallo que nos outorgan coas súas interpretacións, a súa inestimable contribución á melloría anímica de pacientes pediátricos e acompañantes, así como da súa magnífica achega á educación musical que se imparte desde a aula.
María Elena Sobrino, Aula Hospitalaria do Servizo de Pediatría CHUS

Contacto SanArte

Deixámosvos unha pequena mostra das nosas actuacións e, por suposto, non dubidedes en contactarnos se queredes colaborar connosco.

Pode contactarnos por teléfono ao:
(+34) 659 624 292

Somos sociais

Formulario de contacto