EduConcerts – Proxectos

Os nosos proxectos divídense en tres categorías:

Concertos para pequena agrupación de cordas con narrador

Estes concertos parten da idea de combinar música e palabra, dúas linguaxes que, ao unirse, permiten transmitir á perfección os conceptos clave de cada un dos proxectos. Os espectáculos pódense presentar tanto en galego como en castelán, segundo sexa requirido. Todos eles se presentan cun narrador e o cuarteto de cordas.

“E Vivaldi tróuxonos as Estacións”
“A historia do Crebanoces”
“Un conto de Nadal”
“Bromeando con Hindemith”

Ver máis

Concertos para grandes formacións con presentadora

Espectáculos a gran escala creados e dirixidos por Irina Gruia que, ademais, actúa como a presentadora dos mesmos. Pódense presentar en español, inglés, italiano, francés ou romanés.

“Un paseo polas sinfonías de Beethoven”

VER MÁIS

Series de concertos didácticos

A nosa filosofía nace da idea de que para achegar a música clásica aos nenos, temos que crear neles o hábito de ir a concertos de forma regular, xa que non é suficiente con espectáculos esporádicos e sen relación entre eles. Así mesmo, consideramos que a música clásica debería acompañar ás familias nos momentos importantes do ano (como a volta ao cole ou no inicio das vacacións, a celebración do Nadal ou outras festas como Entroido, Reis, O Samaín, Pascua, Día de España ou o Día das letras galegas, entre outras).

“Celebracións musicais en familia”.

VER MÁIS

Contacto

Para máis información sobre algún dos nosos espectáculos pódesnos contactar directamente a través da páxina de CONTACTO de EDUCONCERTS.

Contacto