Dúo Gamma – Sobre nós

O dúo Gamma nace en 2013 coa intención de explorar o rico repertorio para a formación de cello e piano. Formado pola pianista Elisa Martín e o violonchelista Millán Abeledo, establécense como dúo estable paralelamente ás súas traxectorias musicais independentes asentadas en Santiago de Compostela.

duo gamma

Ao longo do seu camiño realizaron diferentes recitais en salas de Madrid como o Espacio Ronda, Toccatta en A, Casa de Granada, Fundación Olivar de Castillejo, e tamén en Priuré Lle Mesnil – Saint Martin (Francia), Casa Fralaes (Portugal), Citei Universitaire Paris (Francia) ou Fundación Vital(Vitoria).

Recibiron os consellos de grandes mestres como S. Stefanovich, L. do Valle, A. Gerhard, K. Moretti, R. Wagner, N. Kereselidze, C. Sierra, X. Gagnepain, T. Svane ou D. Gelenbe.

A principios de 2017 publicaron o seu primeiro traballo discográfico, “Faces”, co selo KNS Classical.

COÑECER AO EQUIPO