Equipo Dúo Gamma

Formado pola pianista Elisa Martín e o violonchelista Millán Abeledo, Duo Gamma establécense como dúo estable paralelamente ás súas traxectorias musicais independentes asentadas en Santiago de Compostela.

pianista Elisa Martin

Pianista Elisa Martín

A madrileña Elisa Martín cursou Grao Medio no Conservatorio Profesional de Música de Getafe co profesor Carlos Domínguez, recibindo ao finalizar o Premio de Fin de Grao. En xuño de 2013 finalizou Grao Superior na especialidade de piano no Conservatorio Superior de Música de Aragón, cos profesores Iván Cítera e Miguel Ángel Ortega Chavaldas, recibindo as máis altas cualificacións. Paralelamente recibiu regularmente clases da profesora Nino Kereselidze. Recibiu clases maxistrais doutros mestres como J. Colom, I. Rohmann, D. Kuyken, A. Kemenes, F. Wibaut, M. Gulyás, R. Nattkemper, A. Kandelaki, B. Uriarte, A. Sanzo, C. Martínez-Mehner, E. Nebolsin, R. Wagner, etc. Foi premiada nos concursos Hazen Intercentros de Madrid e Jacinto Guerrero de Toledo e realizou recitais en diversas salas de España, como o Auditorio Caja de Música do Palacio Cibeles de Madrid, o Ateneo de Madrid, Espacio Ronda de Madrid, e unha serie de concertos para o ciclo “Las Noches de Jóvenes Pianistas” de Zaragoza. Na actualidade compaxina a súa a súa actividade artística coa pedagoxía. Ademais de pertencer a formacións como o Dúo Gamma ou o Trío Mosaicos, fórmase na pedagoxía Suzuki con Mary McCarthy, realiza estudos de posgrao no Centro Superior Katarina Gurska e é profesora de Método Suzuki no centro En Clave en Santiago de Compostela.

violoncellista Millan Abeledo

Violonchelista Millán Abeledo

Millán Abeledo (Pontevedra), comeza os seus estudos de violoncelo con Tatiana Cucerenco e Vera Kolar. Continúa os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza) con Angel Luis Quintana e Bárbara Switalska, con Natalia Shakhovskaya na Escola Superior de Música Reina Sofía e Troels Svane na Musikhochschule Lübeck (Alemaña). Recibiu diferentes premios ao longo da súa carreira: I premio no Concurso Nacional de Violoncelo (Carcaixent), I premio Fundación Veo Veo, Accésit I premio Concurso Ruperto Chapí (Villena) e I premio Concurso Santa Cecilia 2014 (Portugal). Foi membro da JONDE e colaborou con diferentes orquestras como Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta de Cámara Reina Sofía ou Orquesta DaCamera. Foi bolseiro da Fundación BBVA e a Fundación Segundo Gil Dávila. Na actualidade, desenvolve a súa actividade en diferentes vertentes: a orquestral, formando parte do persoal da Real Filharmonía de Galicia desde 2014; como docente impartindo clases na Escola de música Berenguela; como músico de cámara con diferentes formacións como Bambú Ensemble, Trío Mosaicos, Cuarteto Novecento, Soncello Ensemble ou Dúo Gamma e traballando na divulgación da música formando parte da directiva da Aula de Cámara Airas Nunes e a Asociación Soncello.

Repertorio