Grupo Cuarteto Novecento

violinista Ildiko Oltai

Ildikó Oltai – violín

Nacida en Budapest (Hungría), realizou os seus estudos superiores na Academia de Música Franz Liszt da súa cidade natal. Graduouse en 1995 como Profesora de Teoría da Música e Directora do Coro, e en 1996 obtivo o título Superior de Concertista e Profesora de violín. Traballou na Orquestra de Cámara Ferenc Erkel de Budapest como axudante de concertino, no Cuarteto de Corda « László Lajtha», na Orquestra Sinfónica de Franz Liszt de Budapest como concertina e na Orquestra Sinfónica Ernö Dohnányi de Budapest como concertina e varias veces como solista. Co Cuarteto « László Lajtha» e coa Orquestra “Ferenc Erkel” realizou varias gravacións coa compañía Naxos. Desde 1996 é membro da Real Filharmonía de Galicia, e desde o ano 2001 é profesora de violín e música de cámara na Escola de Altos Estudos Musicais. Actuou como solista coa RFG baixo a dirección de Paul Daniel en 2008, e interpretou o 2º Concerto para violín de Béla Bartók con Antoni Ros Marbá en 2010.

violinista Irina Gruia

Irina Gruia – violín

Nace en Brasov, Romanía. Os seus estudos do Conservatorio Superior continúan nos Estados Unidos. En 2002 gradúase na especialidade de violín polo Conservatorio Hartt nos EEUU, onde estuda con Philip Setzer e Eugene Drucker, os dous violinistas do famoso Emerson String Quartet. Desde 2003, aproba a oposición para a Real Filharmonía de Galicia, en Santiago de Compostela, onde desenvolve unha intensa vida musical: ademais das súas actuacións coa Real Filharmonía, forma parte de varios grupos de cámara, como o Cuarteto de corda “Novecento” ou o Piano Cuarteto “Berenguela”. No transcurso do ano 2012, licenciouse no método «Kindermusik» e empeza unha relación con varias garderías e escolas de música para poñer unhas bases musicais moi sólidas ás novas xeracións de nenos da nosa cidade. Desde 2013, Irina está a presentar e traducir algúns dos concertos familiares da Real Filharmonía de Galicia, acompañando con moito éxito a directores como Paul Daniel ou Jonathan Webb.

violista Ioana Ciobotaru

Ioana Ciobotaru – viola

CComeza os seus estudos na súa cidade natal – Râmnicu Vâlcea en Romanía – á idade de 6 anos. Moi pronto gaña prestixiosos concursos de interpretación musical no seu país ata que ingresa na Academia de Música de Bucarest, onde se gradúa en viola coas máximas cualificacións co mestre Valeriu Pitulac. Completa desde entón a súa formación na Scuola dei Alto Perfezionamiento Musicale de Saluzzo en Italia co profesor Alfonso Ghedin da Accademia Nazionale dei Santa Cecilia en Roma e con outros profesores de prestixio como Gérard Caussé. Empeza a traballar en Suíza coa Fiori Rari Orchestra, actividade que compaxina coa súa condición de viola solista da Bucharest Young Symphonic Players ata que en 1996 se une á prestixiosa Filharmónica George Enescu de Bucarest, onde permanece ata o ano 2000. Traballa o ano seguinte en Xapón coa formación camerística Milenium Arts String Quartet e faino tamén no continente americano, en Brasil, coa Orquestra Estatal de Sao Paulo. Desde 2001 e ata hoxe é viola da Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela – España – e membro activo do Taller Atlántico Contemporáneo.

violoncellista Millan Abeledo

Millán Abeledo – violonchelo

De Silleda, comeza os seus estudos de violoncelo con Tatiana Cucerenco e Vera Kolar. Continúa os seus estudos superiores no CSMA (Zaragoza) con Anxo Luís Quintana e Bárbara Switalska, con Natalia Shakhovskaya na Escola Superior de Música Raíña Sofía e Troels Svane na Musikhochschule Lübeck (Alemaña). Recibiu diferentes premios ao longo da súa carreira: I premio no Concurso Nacional de Violoncelo (Carcaixent), I premio Fundación Vexo Vexo, Accésit I premio Concurso Ruperto Chapí (Villena) e I premio Concurso Santa Cecilia 2014 (Portugal). Fundador de Bambú Ensemble e Dúo Gamma, foi membro da JONDE e colaborou con diferentes orquestras como Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara Reina Sofía ou Orquestra DaCamera. Foi bolseiro da Fundación BBVA e a Fundación Segundo Gil Dávila. Desde 2014 forma parte do persoal da Real Filharmonía de Galicia e imparte clases na Escola de música Berenguela.

Repertorio